SOLICITUDE DE AXUDAS
Presentarase a solicitude de axuda en modelo normalizado, por triplicado e acompañada da documentación necesaria nas oficinas da sede da Asociación, onde se lle dará rexistro de entrada.
ACTA DE NON INICIO
No prazo dos 10 días seguintes ao do rexistro da solicitude, o GDR realizará unha inspección in situ, para verificar o non inicio dos gastos ou investimentos para os que se solicita a axuda, levantando acta ao efecto
ANÁLISE DA SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN
DOCUMENTACIÓN OU SOLICITUDE CON ERROS
No suposto de defectos na solicitude ou na documentación, o GDR requirirá ao interesado para que no prazo de 10 días corrixa a falta ou acompañe os documentos preceptivos, coa indicación de que se así non o fixer, teráselle por desistido da súa petición. Este prazo poderá ser ampliado, prudencialmente, ata 5 días, por petición do interesado ou iniciativa do GDR, cando a presentación de tales documentos presente dificultades especiais.
SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN CORRECTA
EMISIÓN INFORME CONTROL DE ELIXIBILIDADE (ICE)
Compételle ao equipo técnico do GDR emitir o ICE, que expresa o resultado da avaliación e baremación do proxecto.
O prazo para a emisión do informe é dun mes dende que o expediente está completo.
INFORME FAVORABLE
No caso de que a avaliación sexa positiva e se supere a puntuación mínima exisida o GDR remitirá informe favorable a Agader.
VERIFICACION AGADER
Compételle a Agader realizar a verificación do ICE, ao abeiro do PDR, do programa de desenvolvemento rural que aplica o GDR, do réxime de axudas, da normativa reguladora do Feader, da normativa sectorial que resulte de aplicación ao proxecto e dos principios de complementariedade e coherencia coas políticas que se aplican na Comunidade Autónoma de Galicia.
CARENCIAS DE DOCUMENTACIÓN
No suposto de carencias ou defectos na documentación que integra o expediente, Agader solicitará do GDR documentación complementaria.
DOCUMENTACIÓN EN GDR
DOCUMENTACIÓN FÓRA DO GDR
Se a documentación non está en poder do GDR, este requiriralla ao promotor.
SOLICITUDE AO PROMOTOR
O promotor dispón dun prazo de 10 días hábiles para presentala. Este prazo poderá ser ampliado, prudencialmente, ata 5 días, a petición do interesado ou a iniciativa de Agader, cando a presentación de tales documentos presente dificultades especiais.
EXPEDIENTE COMPLETO
O prazo para verificar o ICE será de 2 meses a contar desde a data de entrada do expediente no rexistro xeral de Agader ou, desde a data de rexistro da documentación complementaria, para os casos de documentación incompleta inicialmente.
VERIFICACIÓN FAVORABLE
VERIFICACIÓN DESFAVORABLE
ELEVACIÓN Á XUNTA DIRECTIVA
A Xunta Directiva, no prazo máximo de 45 días a contar desde a recepción da verificación do ICE, efectuará a proposta de resolución, de xeito motivado, respecto dos expedientes.
PROPOSTA DE CONCESIÓN
PROPOSTA DE DENEGACIÓN
RESOLUCIÓN AGADER
O director xeral de Agader resolverá sobre a concesión ou denegación da axuda, nos termos contidos na proposta de resolución efectuada pola Xunta Directiva do GDR, no prazo máximo de 10 días a contar desde a data de rexistro en Agader da proposta efectuada pola Xunta Directiva.
RESOLUCIÓN DE CONCESIÓN
A resolución de concesión expresará:
- A identificación do proxecto para o que se concede a axuda.
- O orzamento aceptado, desagregado por partidas.
- A porcentaxe e importe de axuda pública, desagregado por fontes financeiras.
- Prazo máximo de execución e xustificación dos gastos e investimentos, que non excederá de 18 meses.
- A posibilidade de concesión de prórrogas.
- As condicións específicas de execución e xustificación.
- A compatibilidade ou incompatibilidade con outras axudas ou subvencións para a mesma finalidade.
- Prazos e modos de xustificación da subvención, posibilidade de pagamentos anticipados, pagamentos parciais, así como o réxime de garantías.
- Compromisos asumidos polo beneficiario.
- Réxime de recursos.
RESOLUCIÓN DE DENEGACIÓN
A resolución de denegación expresará:
- A identificación do proxecto para o que se denega a axuda.
- Causas de denegación e motivación.
- Réxime de recursos.
NOTIFICACIÓN AO INTERESADO
A resolución notificarase ao interesado no prazo máximo de 5 días a contar desde a data en que esta foi ditada, mediante carta certificada con comprobante de recepción. Así mesmo, notificarase ao GDR.
ACEPTACIÓN EXPRESA
No prazo dos 15 días seguintes á recepción da notificación da resolución de concesión, o beneficiario deberá aceptala expresamente (utilizando o modelo normalizado de aceptación da axuda) e remitir a citada aceptación ao GDR.
XUSTIFICACIÓN DOCUMENTAL DE GASTOS
O beneficiario das axudas deberá presentar a xustificación documental dos gastos ou investimentos vinculados á actividade subvencionada dentro do prazo máximo de 18 meses con posibilidade de concesión de prórrogas.
Os gastos a ter en conta para os efectos da xustificación de investimentos serán os efectivamente pagados polos beneficiarios das axudas a favor dos seus provedores antes do remate do prazo de execución e xustificación dos investimentos. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado. No suposto de discrepancias entre Agader e o promotor respecto do valor de mercado dos gastos subvencionables, aplicarase o procedemento previsto no artigo 33 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
Agader poderá aceptar variacións nas diversas partidas de gasto aprobadas, coa condición de que o incremento non supere o 20% en cada capítulo e que no seu conxunto non varíe o importe total do gasto aprobado e non desvirtúe as características do proxecto e condicións que foron tidas en conta para a resolución de concesión.
RESOLUCIÓN DO PAGAMENTO O pagamento efectuarase na conta bancaria a tal efecto designada polo beneficiario.
Poderán realizarse pagamentos parciais cando a contía do gasto xustificado en cada pagamento parcial supere o 25% do investimento aprobado e non excederá, en ningún caso, a anualidade prevista en cada exercicio nin superará o 80% do total da subvención concedida.
Non se concederán pagamentos parciais cando o orzamento aceptado sexa inferior a 30.000 €.
CONTROIS POSTERIORES Efectuaranse controis administrativos respecto de todas as solicitudes de axuda e solicitudes de pagamento, así como controis sobre o terreo e controis a posteriori nos termos previstos na normativa comunitaria no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural, e no Plan galego de Controis Feader, que está a disposición dos interesados na páxina web de Agader.
INFORME DESFAVORABLE
No caso de que a avaliación sexa negativa ou non se supere a puntuación mínima emitirase informe desfavorable.
ELEVACIÓN Á XUNTA DIRECTIVA
Corresponde á Xunta Directiva da Asociación dictar proposta de resolución.
PROPOSTA DE DENEGACIÓN
A Xunta Directiva acorda proposta de Denegación que se remitirá a Agader para a Resolución definitiva.
PROPOSTA DE SELECCIÓN
A Xunta Directiva acorda, de xeito motivado, separarse do informe técnico e pronunciarse favorablemente sobre a selección do proxecto, este someterase novamente á avaliación e baremación polo equipo técnico do GDR e continuará a súa tramitación nos termos previstos anteriormente.