Para adquirir a condición de socio só hai que cubrir a solicitude de adhesión xunto coa ficha de socio, fotocopia do Cif da entidade, Dni do representante da mesma e presentar esta documentación na nosa sede sita no edificio do Centro Comarcal Bergantiños, A Camposa s/n, Buño, no Concello de Malpica de Bergantiños.
Non poderán formar parte da asociación as persoas físicas e as sociedades mercantís, excepto as seguintes entidades de economía social: cooperativas, sociedades agrarias de transformación e sociedades laborais.
Cando o solicitante non teña o seu domicilio social na Comarca de Bergantiños, deberá demostrar que desenvolve uha actividade relevante e consolidada no tempo en dito ámbito.
As entidades solicitantes, deberán acreditar un ano de actividade na Comarca de Bergantiños para poder adquirir a condición de socio.
Lg. A Camposa s/n, Buño - 15111 Malpica de Bergantiños
Telf: 981 707 377 - Fax: 981 711 352 - E-mail: info@adbergantinos.org